A actual situación económica supón un reto moi importante para as empresas, en especial as de máis recente creación. O desenvolvemento de habilidades e capacidades adecuadas son un factor crucial para reforzarse no mercado e crecer ó longo do tempo.
Neste contexto, o Proxecto MEDRA é unha acción de apoio continuado e persoalizado ás empresas novas, empregando os instrumentos máis axeitados ás súas especificidades.
O Proxecto MEDRA diríxese a pequenas e medianas empresas de non máis de 4 anos de existencia e que, posuíndo polo menos unha pequena estrutura, teñen interese en mellorar a súa potencialidade competitiva.